FRAGA CELEIRO; XOAN CARLOS BAHIA / BAIA (2006) Pehmeäkantinen kirja 17,40 € |
|
TESTS DE GALEGO PARA OPOSICIONS: SERGAS BAHIA / BAIASivumäärä: 152 sivuaAsu: Pehmeäkantinen kirjaJulkaisuvuosi: 2006, 01.01.2006 (lisätietoa)Kieli: Espanja O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Na súa redacción pódense observar catro partes principais: * Propostas con cuestións referentes ao coñecemento da lingua galega. Son un total de 1000 preguntas, repartidas en 50 cuestionarios formados por 20 exercicios. A súa estrutura é a que segue: a) Vocabulario de Medicina (da 1ª á 5ª pregunta). b) Corpo humano (da 6ª á 8ª). c) Léxico Administrativo (da 9ª á 11ª). d) Léxico común (da 12ª á 15ª). e) Morfoloxía, Sintaxe e Ortografía (da 16ª á 20ª). * Cuestionarios das máis recentes convocatorias do SERGAS. Recollemos un total de 14 propostas, coas que se pretende ofrecer unha panorámica dos exercicios presentados nos últimos anos (de 2002 a 2005) para as diferentes categorías laborais (auxiliar de enfermería, celador/a, servizo de cociña, etc.) * Vocabulario específico. A modo de complemento, incluímos un vocabulario específico da saúde e da administración sanitaria. Trátase dos principais termos do léxico específico deste ámbito, agrupados nun glosario final coa finalidade de facilitar a consulta, cando esta fora necesaria. * Solucionarios. Recollen as respostas correctas tanto aos 50 cuestionarios propostos como aos 14 correspondentes a convocatorias anteriores. Como estratexia de aprendizaxe autodidacta, recomendamos o seguinte procedemento: 1º) realización dun único cuestionario, 2º) comprobación dos resultados; e 3º) identificación da causa dos posíbeis erros. Agardamos que lectoras e lectores consigan perfeccionar o seu nivel de lingua galega e que tiren o maior proveito posíblel a esta obra.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa | Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024
|