Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ouriveríapoética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vezfráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto polasensibilidade coma pola intelixencia. O propósito é transportar ovagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuraren en contra, despois de que a intensidade da febre dodesacougo fose quen de abater o estímulo. O que fica son sensacións complexas nas que se mesturan a arela e o devezo canda o desvelo ou o arreguizo. No medio e medio da natureza máis propia, a vontade plenade ser procura faíscas que emitan unha imprescindíbel luz. Textopoético e imaxe plástica entretecen un xogo de olladas complementarias que proxectan agudas intermitencias de enerxía positiva que resultande todo necesarias para lles facer fronte a algún dos máis rexospesadelos da existencia.