Autogoberno e Sistemas de Financiamento.
O papel da Nación Galega,de Xosé Díaz
Pretendemos presentar dun xeito resumido as cuestiónsesenciais que suscitan os sistemas de financiamento no Estado español, centrándonos especialmente nas deficiencias, que desde un punto devista nacionalista galego, caracterizan ao chamado sistema de réximecomún, que afecta a 15 das Autonomías, (sen que este termo teña nada a ver co significado real desa verba), agás as forais, pois o mesmo TCcanso está de acreditar en diversas das súas sentencias que "Autonomía non é Soberanía" poñéndonos de manifesto a moca que supón escoitar atantos que o Estado español "é o máis descentralizado do mundo",crenza baseada no seu españolismo, na fe, ou na ignorancia sobre ascompetencias de que dispoñen os Estados, por exemplo, que forman osEUA, que tomamos como exemplo porque nunca escoitarán falar delas ámorea de "teóricos españolistas especialistas nesta temática", malia a admiración que profesan polo mesmo.
Resultado obrigado daconfiguración exixida pola lexislación na materia e na propiaConstitución vixente, condenada á duración eterna, coma se dun textosacro se tratar, é así frustrar o financiamento dun autogobernomerecedor de tal nome.
Ademais de criticar as súas gravesincoherencias, do punto lóxico, ademais do maltrato que supón paraGaliza, intentamos demostrar que só un sistema baseado na plenaliberdade fiscal para as Nacións sen Estado, inxeridas á forza noEstado en diferentes momentos da Historia, pode solucionar o problemanacional realmente existente.