Os estudos de Historia na Universidade de Santiago cumpriron cen anosno curso académico 2022-23, efeméride que, en canto memoria econmemoración, supón unha fórmula idónea contra o esquecemento. EnCompostela, os estudos superiores de Historia deron comezo dentro daFacultade de Filosofía e Letras, de modo paralelo aos de Química, queo facían na Facultade de Ciencias, uns principios certamente modestose tamén serodios en comparanza coa maior parte das universidadesespañolas, dos que, con todo, foron xurdindo progresivamente diversasespecialidades e, finalmente, licenciaturas. A través de sólidosestudos, de exhaustivas biografías e testemuños directos, esta obracoral, profusamente ilustrada, proporciona unha estampa, a un tempoevocadora e rigorosa, intensa e sensible, dun centro universitariosenlleiro, que, lonxe de ancorarse na lembranza nostálxica, recolle omellor dos seus cen anos para proxectarse no futuro.