CARLOTA E A GAIVOTA PATIAMARELA
O río non tiña segredos para Carlota, a marmota, mais nunca vira o mar. Carlota decidiu resolver ese misterio louco andando veloz seguindo o curso do río ata chegar a un deserto negro e frío. ¿Era o mar aquela cousa tan fea que nin se podía ollar? ¿Qué animal descoñecido, enterrado no chan, intentaba saír do chapapote? Carlota e a gaivota patiamarela é a terceira entrega da exitosa serie de álbums, protagonizados pola simpática marmota Carlota, escritos por Miro Villar e ilustrados por Enjamio. Desta volta a protagonista emprenderá unha viaxe río abaixo ata atopar no esteiro a desfeita provocada polos verquidos do chapapote. Un álbum dirixido aos primeiros lectores e para ser lido por pais e profesores a aqueles que aínda non len.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.