Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro). Trascase cincuenta anos de ausencia, Fabio volve á vila natal, de onde seu pai o sacara de maneira abrupta, abandonando a súa nai. Unha ausencia sobre a que nunca indagou por medo a facer preguntas que non sepoidan responder. Ao volver, coa axuda dunha amiga e veciña deinfancia, irá facendo un retrato da sociedade a través do quepercorrerá o que era esta vila de emigrantes e navegantes unidos áfamilia por medio de cartas que non sempre contan a verdade. E así irá descubrindo as intricadas razóns que seu pai puido ter para aqueladrástica separación. Tamén comprobará que a falta de franqueza á horade recoñecer os errores, o medo ao que dirán e os segredos familiarespasan factura ao longo dos anos. Fabio sofre sobre si as consecuencias derivadas dunha carta escrita como exercicio escolar. Temas como oaborto, a fidelidade, as maledicencias, a covardía e o narcotráficoirán ocupando as páxinas desta historia.