Co material da miseria, o desarraigo, a diáspora e o silencio, lánzase aquí un berro de vinganza polas historias negadas. Narrativaimposible en tres linguas.A miña lingua materna é a miseria, adiáspora, o silencio, a intemperie. As miñas linguas maternas sontodas estas a pesar meu ou para alegría miña, todas estas que escribomal, con faltas de ortografía, con pouco vocabulario, todas mesturadas e todas erradas. Mais hoxe, eiquí, deixo de escoller. E deixo dementir: unha lingua non é só unha colección de sons, é tamén undesexo, unha interlocución. O Tríptico do silencio son tres librossemellantes mais distintos, nas miñas tres linguas maternas, para tres comunidades lingüísticas, se é que iso existe. Cada un dos tres estáescrito, á súa vez, mesturando os tres idiomas: porque iso somos nós,o non ter un idioma común, o ir facendo como podemos. E porque énecesario un esforzo para entender unha historia que foi negada,afinar o ouvido, deixarse incomodar e entregarse un pouco, tamén, agramáticas imposibles. ,