O Villa de Pitanxo: Misterios dun Naufraxio é unha homenaxe aosmariñeiros que faenan a bordo do arrastreiro de Marín. Nesta obranárrase un universo descoñecido sobre os mariñeiros que navegan enTerranova, unha simbiose entre os seus moradores do mar e o valor doscoñecementos nados da experiencia destes lobos de mar. As vecestráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións. É un berro de esperanza e de loita das familias poraclarar a verdade do naufraxio do barco e a búsqueda dosdesaparecidos. Unha reivindicación lexítima aos responsables dasperdas humanas que endexamais deberan haber acontecido. Fálase sobreunhas formas de concebir o traballo a bordo dos arrastreiros, no queprevalecen as motivacións económicas, antes que a seguridades dosmariñeiros. Sublíñase un ecosistema pesqueiro, que loita porsobrevivir sen perder a súa esencia. Os distintos procesos enevolución dos acontecementos acaecidos e por acontecer transmítennosperfectamente a beleza deste fascinante oceáno tenebroso e a posta envalor de tódolos marinos de Terranova con respecto e admiración.