Despois de Canto eu e a montaña baila, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de LesGuilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores,bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada pormulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras eretranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: osde Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unhaproxenie maldita, os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga contomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ouos de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unhaobra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións. Despoisdo éxito internacional de Canto eu e a montaña baila, traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica,Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante deimaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética.A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premiode Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súatradución de Canto eu e a montaña baila.