Un álbum sobre como enfrontar ao descoñecido a través da olladacuriosa e inocente da infancia.Ao acabar un día de escola, dous irmáns reciben a nova de que dousmigrantes van chegar ao colexio. Migrantes Como é a primeira vez queoen esa palabra, pasarán a tarde pensando nos seus posiblessignificados: quizais sexan pasteis ou mascotas como os ourizos cachos ou talvez, palíndromos! E se resulta que son espíritos malignos Queocorrerá entón Á mañá seguinte, tras entrar con medo na clase,coñecerán dous compañeiros vindos de moi lonxe. A emoción ante odescubrimento que supón unha nova amizade levaraos a esquecerse dosmigrantes que, en realidade, nin sequera chegan a aparecer.As ilustracións de Maria Girón, cheas de colorido, expresividade edinamismo, complementan á perfección esta proposta que aborda demaneira orixinal o encontro co diferente e permite achegarse ao temacon humor e intelixencia.