"Haikus con Silvas" é un conxunto de oitenta e un khaikus e oito silvas. Os haikus están compostos en galego, en lembranza e homenaxe á lingua na que -segundo afirma o autor- súa nai lle ensinou -dende o berce- a falar, a rezar e a querer, mentres que as silvas fíxoas en castelán, en agradecemento ó idioma no que se comunica coa súa dona e coa súa filla, e co que se gañou a vida como xornalista. Os haikus -que aluden ó transcurso do tempo, ó cambio das estacións ou ó acontecer cotián- levan o calificativo de "morriñosos" porque están referidos con nostalxia ás cousas que el viviu cando era neno: dende o canto dos grilos nos prados ou o do cuco nos carballos das chousas ata a malla do trigo ou do centeo nas eiras, pasando polas vacas moscando no verán. As silvas son un canto á vida, ó amor. ó sexo...
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.