O fío conductor desta obra son os números -ou fafanúmeros-, que nos levan polos trinta e tres poemas que constitúen este libro. Unha parte desas composicións baséase fundamentalmente no ritmo e na musicalidade; outras pasean personaxes fantásticos, piratas, bruxas, lobos feroces, dragóns ou vampiros, ou recrean contos de reís e princesiñas; outras xogan con crocodilos, abellas, pombas ou galiñas; outras sentan á mesa con obxectos máis cotiáns, como os garfos ou os coitelos; outras, en fin, abordan o consumismo ou a ecoloxía. O conxunto resulta un libro ben construído, que emprega recursos da literatura popular de tradición oral en perfecta simbiose coas técnicas máis actuais, polo que supón unha excelente aproximación á poesía para os primeiros lectores.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024