O Dicionario do Galego do Bierzo xorde da necesidade de recoller e derecompilar nunha mesma obra o léxico que tantas persoas empregaron, eempregan sen moitas veces ser conscientes, ao longo da súa vida.Grazas ao pobo, hoxe en día, pódese gozar de falas que contan coninfluencias de linguas próximas á comarca. O Bierzo destaca pola súavariedade lingüística debido á converxencia da lingua galega, propia e histórica da metade occidental, e da lingua leonesa, propia ehistórica da metade oriental, ás que se superpuxo o castelán oficial.Debido á propia historia do Bierzo e á súa relación con Galicia, alingua galega desempeña un papel moi significativo na fala do Bierzo.Grazas aos investigadores e ás investigadoras que están a estudar asituación das falas na comarca do Bierzo e grazas ás persoas queseguen creando obras nas que recompilan o léxico que tanta xenteempregou e segue empregando actualidade, conseguirase deixar un legado lingüístico significativo para que as xeracións futuras sexanconscientes da riqueza que existe na comarca do Bierzo. O pobo é oresponsable de crear as falas e, polo tanto, as linguas. Deste xeito,as falas do Bierzo seguirán evolucionando e cambiando ao longo dotempo, polo que, esta obra nunca terá fin e estará aberta a admitircon ledicia novos termos. O Dicionario do Galego do Bierzo recolle oléxico galego do Bierzo co fin de que non se perda e de que perdurepara sempre, tanto nas mentes coma nos corazóns. Espérase que o galego siga presente na cultura e na fala bercianas e que, con persistencia, constancia e amor pola terra, pola tradición e pola lingua, se siganengadindo termos que mostren a presencia da lingua galega a esteDicionario do Galego do Bierzo