Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das fifigurasmáis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea.Tras Melancoholemia. Vida de mamarracho, Antón Reixa regresa ácolecciónRizomas con Enciclopedia perplexidade, unha antoloxía dos seuspoemariospublicados entre 1976 e 2023: Crebade as liras, Silabario da turbinae A dama que fala -ambos co colectivo Rompente-, As ladillas dotravesti,Historia do rock and roll, Transporte de superficie, Ringo Rango,Escarnio, Látego de algas, Leccións de cousas, Algo raro pasa raro,Michigan, acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, Outlet ou orecente2ª man.No prólogo da obra, o profesor e escritor Xabier Cordal afirma que deentretodas as facetas creativas na traxectoria de Reixa -cine, televisión,radio,música, videoarte, performance- a poesía ocupa o primeiro lugar.A perplexidade sobre o mundo e sobre a vida, unha forma intelixentedeescenificar o caos segundo o autor, son unha constante nunha obra queabarca unha ampla temática: a estrañeza do cotián, as fraudes doidealismo,o inconsciente, a decadencia, o desexo e o tabú, a depredacióncapitalista, aviolencia colonial en Galicia e noutros pobos