GENET MULLUGUETA NACEU NUNHA ALDEA DE NORTH WOLLOH EN ETIOPÍA. DENDE NOVIÑA O QUE MÁIS LLE GUSTABA ERA CORRER E CORRER POLO VENTRE DA MONTAÑA. MAIS A FAME, A GUERRA E A FIGURA DO PAI OBRÍGANA A ACOMPAÑAR A SÚA NAI E A PEDIR ESMOLA POLAS RÚAS INSEGURAS E CAÓTICAS DE ADDIS ABEBA. ALÍ, VENDENDO PANOS NOS CRUZAMENTOS, GENET COÑECEU A ABEBE, UN MÉDICO E VOLUNTARIO DA FEDERACIÓN DE ATLETISMO QUE, SORPRENDIDO COA SÚA RESISTENCIA E VELOCIDADE, LLE PROPÓN ADESTRAR EN MESKEL SQUARE. DENDE ENTÓN, A SÚA VIDA MUDARÁ, COMO A DOUTRAS NENAS, MOZAS E MULLERES ETÍOPES QUE CORREN CONTRA SI MESMAS SEN FIN. CORREDORA É UNHA HISTORIA COLECTIVA DE SUPERACIÓN DEPORTIVA. RECOLLE A TRADICIÓN ATLÉTICA DE ETIOPÍA NA BUSCA ACTIVA DE TALENTOS ENTRE AS CRIANZAS DO RURAL OU EMPOBRECIDAS NAS CIDADES.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024