No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave: * A entrada no Ceo ten catro chaves. * Deus bica a primeira. * A segunda coas criaturas. * A terceira pola fe explicada. * A cuarta portéxena os lobos. Trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto -mais non moi amigos, que digamos-, a adentrárense no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura na que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademais dun videoxogo de última xeración.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.