Tecendo redes (Premio Novela Vilar Ponte 2022)
V Premio de novela Vilar Ponte 2022Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar,pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vidaVerónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soñoprofesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vidapara sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar ocontrato e deixar as súas pertenzas no despacho que ía compartir conBruno Agueiro, este aparece morto. A cidade érguese conmocionada coanova do asasinato do catedrático e Verónica non tarde en se converterna principal sospeitosa. Sen dúbida tiña motivos para acabar coa súaexistencia, pero non era a única.Tecendo redes é unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor do silencio ena culpa. Unha lectura trepidante que te deixará sen alento.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa