Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista,auténtica enciclopedia galega, Manuel Murguía combinou a militanciagaleguista e progresista para ser un dos grandes xornalistas, ohistoriador da nación galega por excelencia, un conflitivofuncionario, a cabeza visíbel do rexionalismo e o primeiro presidenteda Academia Galega.Compartiu con Rosalía de Castro tres décadas intensas, unha familia,moitos proxectos e á memoria e grandeza dela dedicou, cos seus erros e acertos, unha morea de esforzos.Ademais de centos de artigos, escribiu un conxunto de libros quesuperan as 7000 páxinas. Entre eles os cinco tomos da Historia deGalicia complementados co monumental Galicia, o estudo sobre El foro,o Diccionario de Escritores, El regionalismo gallego, El arte enSantiago durante el siglo XVIII, Diego Gelmírez ou Los trovadoresgallegos. Da súa obra de creación merece destacarse En prosa. Senesquecer a singularidade do seu libriño para as escolas La primera luz e Los Precursores, memoria da súa vida e do seu tempo.Cen anos despois do seu pasamento, Henrique Rabuñal apreixa a súabiografía intelectual para sabermos máis de nós mesmos, para calibrara valía das súas achegas e dos seus devezos, sempre encamiñados noservizo a Galiza e na defensa dos seus intereses, dignidade esoberanía.