DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS ELIBROS AO .GAL
Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade. Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.