Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas ?cuxa versiónderradeira data de 1913-1914? veñen conformar o gran proxecto épicoconcibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón ?a quen oautor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega eConstantino Horta, presenta como galego de nación? e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe temático do texto.
Malia non seren sempre ben avaliados por determinada crítica, Os Eoasresponden ao afán pondaliano por ser quen de demostrar as máis altascapacidades artísticas do idioma galego. Asemade, veñen alicerzar osoño iberista do poeta, participando do devezo deste por acadar unhaepopea fundacional, en consonancia con outros textos presentes nasliteraturas europeas e americanas da época.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024