QUINCE MULLERES, QUINCE MOMENTOS
Todas as retratadas aquí son mulleres autónomas, representadas como tales, que existen por elas mesmas, que non piden permiso para se amosar como amantes, como actrices, como escritoras, como feministas etc. Responden como esterotipos que elas mesmas crearon (ou axudaron a crear), non ao prexuízo deformador. Tan deformante é idealizar como degradar, porque ambas ópticas significan non comprender. Momentos todos de mulleres reais, mulleres que son ou que foron, captados pola ollada dun home do que hai que dicir que non escribe co que Kristeva chama ""a voz histérica"". A de Andrés Pociña é a voz dunha persoa que sabe que o que nos foi imposto ás mulleres durante séculos non nos é consubstancial.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.