Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixouescritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diariosde campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civilespañola, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939.Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tanlongo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hainada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez deseren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. Através do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos enespectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiásdo combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, oaburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspectoao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrececontextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escurosda guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército eoutros personaxes mencionados), así como sobre algunhas acciónsbélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizaciónsxeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.