Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, oar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro quefixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María deMiranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitosdevezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun relato propiamente rescatado damemoria familiar, estritamente baseada en feitos reais, agás naquelesfragmentos e imaxes que non o son. Unha crónica da Galiza rural eescura dos comezos da Idade Moderna, unha analítica das febres daspersoas e un apañar polas estradas o anuncio da santidade duns homes,e dunha muller, que só trataron de se explicaren a través da luz doseu instinto. A traxectoria dunha monxa e un grumete que aínda servepara que edifiquemos unha illa enchida onde pór a bandeira que pintatodas as cores do arco da vella.