Este manual pretende ofrecer unha síntese dos conceptos máis elementais da ciencia económica, utilizando unha linguaxe veciña ás informacións que sobre estes temas reciben acotío os cidadáns nos medios de comunicación, mais presentados co rigor necesario para manexalos con precisión. Organizado en catro grandes partes, na primeira, preséntanse os conceptos e principios da ciencia económica; na segunda, debúllanse os elementos para entender a actuación do mercado, estudando o comportamento dos consumidores e mais a caracterización da oferta; na terceira, analízase a actividade económica, explicando a importancia dos recursos, a evolución dos sectores produtivos e o papel do Estado na economía mundial e as organizacións internacionais relacionadas coa economía, fornecendo unha breve visións das consecuencias actuais no mundo rico e nos países atrasados. Un manual, tan actualizado como didáctico, dirixido a todas aquelas persoas que deban ou queiran adquirir coñecementos esenciais de economía.