O FIDALGO E O TEATRO. TRES TEXTOS DRAMATICOS
A crítica actual pondera a validez e actualidade da producción dramatúrxica oteriana, pois alén da súa dedicación ao teatro non ser esporádica ou puntual como por veces se ten pretendido, supón un referente extraordinario para moitos dramaturgos contemporáneos, en especial con relación ao seu ambicioso proxecto do Teatro de Máscaras. As pezas que se recuperan neste volume, Diálogos na Néboa, Traxicomedia da Noite dos Santos e O fidalgo e a noite, corresponden a diferentes períodos e concepcións dramáticas da obra de Otero Pedrayo, erixíndose así unha mostra representativa da súa proteiforme escrita teatral.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.