O uso do modelado matemático en bioloxía e medicina conta cunha longatradición, cuxas orixes podemos rastrear como mínimo até a IdadeMedia. No século XX a utilización de métodos procedentes da enxeñaríatornouse práctica común en biomedicina. Polas súas característicasespecíficas, os procesos biomédicos presentan retos diferentes aosencontrados nas enxeñarías clásicas, o que motivou o desenvolvementode novas técnicas e a adaptación das existentes. Creouse así un fluxobidireccional de ideas, que fertilizou ambas disciplinas científicas e preparou o camiño para a aparición da moderna bioloxía de sistemas no século XXI. Na actualidade, o modelado e simulación de sistemasdinámicos é unha ferramenta fundamental na enxeñaría biomédica.Este manual foi concibido orixinalmente como material docente para amateria Modelado e Simulación de Sistemas Biomédicos, impartida noprimeiro curso do Mestrado en Enxeñaría Biomédica da Universidade deVigo. Nel compéndianse os coñecementos necesarios para construír,analizar e aplicar modelos dinámicos de biosistemas, facendo énfasenos máis relevantes para a enxeñaría biomédica.O libro estrutúrase en cinco capítulos, cada un dos cales inclúemúltiples exemplos e cuestións. Comeza cunha introdución e unhapanorámica dos distintos tipos de modelos, centrándose nos baseados en ecuacións diferenciais ordinarias. A seguir, o segundo capítulodescribe como modelar biosistemas de distintos tipos, desde redes dereaccións bioquímicas a nivel intracelular até sistemas deinteraccións entre organismos. O terceiro capítulo mostra como simular ditos modelos, e o cuarto describe un protocolo para calibralos.Finalmente, o derradeiro capítulo ensina a analizar aspectos clave dasúa dinámica.