Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como narrador, articulista, investigador e historiador da literatura, ten editada unha importante lista de títulos. Sendo Voce na néboa (1957) o primeiro libro de poemas de Ferrín, a publicación de Con pólvora e magnolias (1976) e de Estirpe (1994) constitúen referencia decisiva no noso lirismo. A comenzos de 1982 aparece por vez primeira a obra que hoxe editamos: O fin dun canto. Nela, a alianza entre a poesía revolucionaria con aqueloutra de luxos sensoriais continúa mostrándose en tódalas súas posibilidades. A reivindicación política, a nostalxia polo paso do tempo, a paixón erótica... son eixos temáticos tratados sempre desde un dominio excepcional dos recursos expresivos da linguaxe.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024