Antón, Dosinda, e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios da panadaría A Primavera, aparecen asasinados na súa casa de Primeira Xunta 780, no barrio bonaerense Belgrano. O xove funcionario e escritor Andrés Leiro amiga con Manuel Eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en Madrid dende hai varias décadas. A lúa escintilaba por riba dos Everglades, cando Aurora, que regresaba encabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na Down Town de Miami ... A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos é unha novela de intriga na que amodiño van converxendo, baixo a banda sonora dos temas dos Tamara, tres historias moi emocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha familia de emigrantes galegos espallada polo mundo. Tres historias de saudades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmente fermosa. Unha emocionantísima novela sobre a emigración galega, gañadora do Premio Terra de Melide 2007.