Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita,reformista, liberal, dialogante, etc. Outros din que é un ultradisfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijoo é un farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo oDiccionario Xerais de sinónimos.
Feijoo manifestaba: "No tengointención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que estácontra Galicia". Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalicióncon Vox e asume o discurso da extrema dereita.
Pode dicir unhacousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Ourensecualificaba como "letal" a posibilidade dun pacto cono Gonzalo PérezJácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque "garantiza laestabilidad". Feijoo é un "marxista" (de Groucho Marx) convencido:"Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros".
Olibro pode ser útil para coñecer as "amizades perigosas" de Feijoo,que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade,servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico.Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijoo nonten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimoPresidente do Goberno.
Existen outras biografías sobre Feijoo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É unlibro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso dadereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, así de claro.