NO S?CULO XIII, UNHA " TROUPE " DE ARTISTAS ITINERANTES PROCEDENTES DE GALICIA PERCORRE OS REINOS DO CAMI?O DE SANTIAGO. ? UN MOMENTO DE CAMBIO POL?TICO, CULTURAL E LING??STICO NUNHA EUROPA INMERSA EN CRUENTAS LOITAS DE PODER. AS PERSECUCI?NS RELIXIOSAS E AS ANSIAS EXPANSIONISTAS COINCIDEN CO AUXE DAS CANTIGAS GALEGO-PORTUGUESAS E CO DECLIVE DA L?RICA PROVENZAL. UN C?DICE OCULTO, A INQUISICI?N, A HEREX?A C?TARA E OS SEGREDOS DA ALQUIMIA UNIRANSE ?S CANTIGAS MEDIEVAIS PARA CONFORMAR UNHA ENGAIOLANTE TRAMA NUNHA NOVELA CON GRANDES DOSES DE INTRIGA. " A ARTE DE TROBAR " ? UNHA NOVELA LUMINOSA, ESCRITA CON FELICIDADE E CO?ECEMENTO, QUE NON RENUNCIA AO HUMOR. CONFIGURADA A PARTIR DE CAP?TULOS CURTOS, ? CAPAZ DE INTEGRAR UNHA TRAMA IMPLACABLE COA TRADICI?N M?IS NOTABLE DE VERSOS EN GALEGO E OCCITANO. DOCUMENTADA CON RIGOR, E DOTADA DUN RITMO MOI ?XIL, " A ARTE DE TROBAR " CONSTIT?E UN VIBRANTE FRESCO DESTA NOSA HISTORIA, QUE SE ESCRIBIU EN FOLLA DE PERGAMI?O E CON PLUMA DE AVE, ? BEIRA DO MAR.