LALÍN, OUTONO DO 1946. O AVOGADO ROMÁN ULLOA RECIBE O ENCARGO DE CONVENCER AOS DESCENDENTES DUNHA FAMILIA FIDALGA REPUBLICANA PARA QUE VENDAN O SEU PAZO A UN ALTO MANDO AFÍN AO RÉXIME, ENCAPRICHADO COA PROPIEDADE. ASÍ COMEZA ACTA DE VÍTIMAS, NOVELA SOBRE OS ABUSOS SEUDOLEGAIS AMPARADOS POLO FRANQUISMO, E RECREACIÓN DUNHA ÉPOCA TERRIBLE NA QUE O MEDO ERA RASGO DEFINITORIO DUNHA SOCIEDADE SOMETIDA. AS SUTÍS PRESIÓNS, AS MEDIAS VERDADES SUSURRADAS, A TENSIÓN AMBIENTAL PERMANENTE, CONFORMAN A CONTORNA NA QUE RESPIRAN DÍA A DÍA UNHA GALERÍA DE PERSONAXES QUE ABRANGUEN UN AMPLO MOSTRARIO DE ACTITUDES: DESDE O COLABORACIONISMO ACTIVO ATA O FORZADO, PASANDO POLA RESIGNACIÓN CABAL E OS BROTES ILLADOS DE REBELDÍA. PERO, COMO O IMPULSO DE VIVIR SOBREPONSE A TODO, NESTAS PÁXINAS HAI TAMÉN CABIDA PARA A TENRURA, A LEMBRANZA, O AGARIMO, O HUMOR? E OS ARROUTOS DE DIGNIDADE MESMO NO CONTEXTO MÁIS HOSTIL E OPRESIVO. A MULTITUDE DE CARACTERES SECUNDARIOS QUE POBOAN O RELATO COMPLEMENTAN UNHA VISIÓN DAQUELA GALICIA DESAPACIBLE E GRIS, ESPECIALMENTE PARA AS VÍTIMAS SEN ACTA QUE AS RECOÑECERA COMO TALES.