Subtítulo: Unha visión do pasado español dende
o exilio republicano en México
A autora, especializada en estudos sobre memoria eidentidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político,achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dousprincipais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nasque se produciu a denominada "transición española", ollada dende adistancia dun exilio permanente no país de acollida.
GuiomarAcevedo López, neta de exiliados republicanos, de Xoán López Durá,importante dirixente galeguista, e máis da socialista Caridad MartínFernández, apórtanos a visión, no só académica, senón tamén humana, da terceira xeración, a dos netos e netas do exilio, e en especialdaquel que nunca regresou, ou, en palabras do filósofo Adolfo SánchezVázquez, do aterrado, sen raiceiras nin asentamento, esgazado da súaterra, dos seus, aferrollado ao presente, entre un pasado que non sevai e un futuro que non vén, ata virar nun transterrado, o que atopoudespois do perdido, isto é, do desterro.