SULJE VALIKKO

Englanninkielisten kirjojen poikkeusaikata... LUE LISÄÄ

avaa valikko

GUAU. 3 ANOS, 1 TRIMESTRE
44,20 €
SM XERME
Sivumäärä: 180 sivua
Asu: Kansio
Julkaisuvuosi: 2013, 01.05.2013 (lisätietoa)
Kieli: Espanja
O proxecto Guau parte da necesidade de ofrecerlles aos mestres de Infantil un material que lles facilite a tarefa da aula e a aprendizaxe do alumno de forma significativa e motivadora, sexa cal sexa o seu ritmo de aprendizaxe. Quixemos incorporar nel as suxestións que recibimos de vós, os profesores, para crear un método que atenda a todos aqueles que queredes traballar os centros de interese fundamentais nesta etapa pero incorporando temáticas actualizadas.O número de fichas que vos ofrecemos en cada trimestre permite que poidades incorporar aqueles proxectos que van xurdindo ao longo do curso e que dan identidade aos vosos centros. Por outra banda, quixemos incorporar outros materiais didácticos de interese como os libros informativos, as láminas borrables (A miña tableta máxica) e o material manipulativo para o desenvolvemento das capacidades de lóxica matemática, que vos faciliten a tarefa da aula e a atención da diversidade do alumnado. E por último, comprometidos co desenvolvemento integral do alumno, non quixemos deixar de lado a atención á educación emocional, que nos permitirá desenvolver competencias para crecer sans e felices e conseguir un maior benestar e unha sociedade máis humana e máis respectuosa.O proxecto Guau ten un enfoque globalizador que integra as distintas áreas do currículo e xira arredor dos centros de interese. É un método centrado no traballo das fichas, como resultado dun traballo previo cuxo desenvolvemento son as propostas da guía, e na lectura de contos e outros libros informativos.Atención á diversidadeCada alumno ten un ritmo de aprendizaxe diferente e unhas capacidades distintas, pero o noso labor é descubrir cales teñen máis desenvolvidas para, a través delas, conseguir estimular as demais. Neste sentido, propuxemos uns materiais manipulativos que permiten o razoamento desde a propia experiencia. O desenvolvemento grafomotor e das destrezas tamén é fundamental nesta etapa e, por iso, os materiais de Guau traballan estes aspectos de forma específica e adaptable ao ritmo de cada un.Educación integral e en valoresO proxecto Guau aposta por unha educación desde todos os ámbitos, e así o pon de manifesto a súa completa oferta de materiais e a orientación de cada un deles. A educación emocional é a base da adquisición progresiva de hábitos e comportamentos desexables, por iso se traballa desde os materiais. Ao longo de todo o proxecto, tamén ten especial importancia o estímulo do pensamento crítico, co fin de que os alumnos se propoñan cuestións e cheguen eles mesmos a conclusións (Aprender a pensar). Neste sentido están orientados os materiais destinados a fomentar a curiosidade polo contorno que os rodea.Motivación do alumnoO reforzo positivo e a motivación do alumno son aspectos fundamentais para potenciar a aprendizaxe e o desenvolvemento do neno. Con este obxectivo, Guau creou un motivador fío condutor protagonizado por unhas mascotas entrañables coas que os alumnos sentirán empatía e aprenderán a enfrontarse a situacións cotiás. Do mesmo modo, confiamos no uso das TIC como unha práctica ferramenta para potenciar a atención e o traballo colectivo.Fío condutorGuau aposta pola educación emocional a través do seu magnífico fío condutor e é un dos seus sinais de identidade máis relevantes. O proxecto está protagonizado por tres cachorros de can moi especiais.As historias que protagonizan recrean situacións cotiás, aínda que teñen un detalle de maxia, para atraer a imaxinación dos alumnos. Con todo isto, o proxecto Guau propiciará un clima único na túa aula.

Tuotetta lisätty
ostoskoriin kpl
Siirry koriin
LISÄÄ OSTOSKORIIN
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa.
Myymäläsaatavuus
Helsinki
Tapiola
Turku
Tampere
GUAU. 3 ANOS, 1 TRIMESTREzoom
Näytä kaikki tuotetiedot
ISBN:
9788498543841
Sisäänkirjautuminen
Kirjaudu sisään
Rekisteröityminen
Oma tili
Omat tiedot
Omat tilaukset
Omat laskut
Lisätietoja
Asiakaspalvelu
Tietoa verkkokaupasta
Toimitusehdot
Tietosuojaseloste