Alguén virá é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galegomáis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marcotemporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: operíodo de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que elseguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio. Eran anos nosque o triunfo da narrativa da posguerra despois da Segunda GuerraMundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara dapenínsula a milleiros de exiliados republicanos. Neste contextoineludible para entender o encontro cos intelectuais de Galaxia doperíodo 1956-1958, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia á que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista quemetaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto sono poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro Asoldadeira (1957), analizadas no libro. Alguén virá parte destesescritos para establecer un diálogo entre a filosofía da historia coaque o romántico Seoane se defende do momento de perigo que foron parael os anos cincuenta e os textos que escribira dúas décadas antes unha das voces de referencia do romanticismo revolucionario da Europa deentreguerras, o Walter Benjamin das Teses sobre a filosofía dahistoria. Pensar a Seoane dende o diálogo co fervedoiro que foi aEuropa dos anos vinte e trinta, que el non deixa de revisitar ata afin dos seus días, é facerlle xustiza ao pensamento que informa o seuplural legado cultural.