Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos, pero no galiñeiro só habíanove.Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galoagochárao entre as súas plumas.- Hai moito tempo que non hai pitiños, se vós non queredes fareinoeu!- Un galo? -preguntan as galiñas, sorprendidas.-E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza opito, podo ensinarlle ascousas da granxa.Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata seexperimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, asfronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas.Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e orespecto polas ôdiferenzasö. A loita pola liberdade e o dereitopara vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnosavanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do moldeheteropatriarcal.Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitoresbiolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense,ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía nonparecía capaz de asumir.È un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avancessociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, paraafianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lectoren formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, decomprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como ônaturaisö.