O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácilcollerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, perotamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoitatraballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular.
Schlumpf, Erwin: Homicidio,publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagonizaStuder. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura dosarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida,moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos.
Estanovela considérase a fundadora da tradición da novela policial enalemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso domundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxentoStuder non se pode escribir a historia da novela de detectives.
En2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar estelibro. Os membros do xurado valoraron especialmente "a moi elevadacalidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego", e tamén "o recurso ás notas a pé de páxina que axudan a contextualizar a obra".