Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, XesúsFragapercorreu o curso do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal deIrimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura no océanoAtlántico, cruzando tres das catro provincias do país e a beira nortede Portugal. Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada conconcisión e enxeño, o narradorconvídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial deGalicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá,Lugo,Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño.Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración de Fraga non se limita á dimensión natural do Miño, senón que inclúe ohistórico,cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces etestemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futurotanto do río como do noso país. Río Miño. Unha viaxe entre solsticiosé tanto unredescubrimento da «columna vertebral, física e simbólica de Galicia»como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión.Esta obra foi recoñecida co XVIII Premio Eurostars de Narrativa deViaxes.