Este libro podería ser visto como unha tentativa de psicanalizar acultura galega a través dun dos seus buques insignia: a tradiciónliteraria. Mais non se trata de curar nada, na medida en que, enpuridade, non hai posibilidade de transferencia a un suxeito que éunha entelequia, de tan plural e polimorfo, mais si de percibirmossíntomas, de irmos recollendo un por un aqueles aspectos que semellanter unha certa relevancia, dándolles nome, sinalándoos, por medio dunconxunto de disciplinas que exceden con moito a psicanálise mais quese sitúan á súa beira e en contacto moi estreito dentro do ámbitoxeral da humanística. Lugares aos que chegamos por medio da filoloxía, da teoría literaria, da socioloxía, da lingüística, da hermenéutica,da filosofía, aprendices de todo e mestres de nada, nun exercicio queé, sobre todo, un exercicio teórico mais tamén de escrita e de estilo. Entendemos que hai unha perspectiva sincrónica enganosa que non debeesquecer a propia diacronía. E que esta forclusión, cando se dá entanto que olvido traumático, cabe entendela xa como un sinalsignificativo, un enunciado que demanda ser escoitado. M. F.