Este volume, incluído na colección Materiais didácticos do Institutode Ciencias da Educación da USC, recompila recensións críticas edivulgativas dunha selección de obras de literatura infantil exuvenil, creadas en galego e traducidas ao galego. As recensións,escritas por especialistas nestas literaturas, publicáronse entre maio de 2015 e abril de 2020 na sección Elos de Lectura do xornal ElCorreo Gallego.Esta antoloxía de recensións estrutrúrase en dúaspartes: a primeira consiste nunha orientación metodolóxica e inclúedous artigos dirixidos ao mediador adulto, cuxa función é exercer deelo entre a infancia e a lectura, a segunda parte recompila ascríticas publicadas no devandito xornal, organizadas cronolóxicamentee por xéneros: álbums ilustrados, narrativa, poesía e teatro.Aliteratura é un dos principais abeiros do eido cultural, un doscimentos máis decisivos no desenvolvemento de valores persoais esociais. O obxectivo deste traballo é achegar aos mediadores adultosas análises de obras de calidade publicadas en galego, que lles sirvan como guía para a selección de títulos e que contribúan, na escola ena casa, ao fomento da lectura dos máis pequenos.