SUSO ESPADA. ISTANBUL E O CABALIÑODE OURO
ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, decide envialo a Istanbul para investigar a desaparición dunha muller de orixe española, presa dende hai anos nunha cadea turca. Suso albiscará o misterio e os perigos que envolven esta desaparición, circunstancias agravadas polo feito de ter que desenvolver as pescudas nunha sociedade complexa e nunha cultura para el descoñecida. Malia isto, da man de Tamar, a intérprete que o acompaña, e de Nihat, o chofer do consulado español, chegará a intuír a complexidade da trama que dificulta o avance nas indagacións e tamén a comprender a importancia da cidade de Istanbul na historia da humanidade. Fracasada a investigación e de regreso, comprobará que, ás veces, é necesario deixar que as cousas sucedan por si mesmas e que, en ocasións, as respostas que buscamos témolas á nosa beira, moita máis preto do que sospeitabamos.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.