Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozochamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. Opai elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas aspescudas do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas,unha tribo composta integramente por mulleres guerreiras que nonaceptan a presenza masculina nas súas terras. Comeza así unha viaxerepleta de emocións e aventuras, onde a maxia, o folclore e arealidade se mesturan con marabillosas paisaxes e algún romancesecreto. Todo baixo a atenta mirada do exuberante Amazonas, que flúelibremente esparexendo a vida alá por onde pasa.En palabras do xurado que outorgou o XVII Premio Raíña Lupa, esta é«unha novela que conta tamén a conquista de América desde un punto devista pouco habitual, na cal a violencia, a vulnerabilidade e o medoson tamén temas centrais».
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa