SULJE VALIKKO

avaa valikko

A CORUÑA DE PEDRO FERRER
22,40 €
XERAIS DE GALICIA
Sivumäärä: 240 sivua
Asu: Kovakantinen kirja
Julkaisuvuosi: 2005, 15.11.2005 (lisätietoa)
Kieli: Espanja
Pedro Ferrer (A Coruña, 1870-1939) foi o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Propietario da coñecida "Papelería Ferrer", foi, ademais de fotógrafo e gravador, fundador da industria discográfica en Galicia producindo os primeiros discos de música galega. Dende 1900 a 1930 percorreu toda Galicia coas súas cámaras de gran focal e placas de cristal, realizando máis de catro mil pezas fotográficas, que constitúen hoxe un dos máis importantes legados do noso patrimonio paisaxístico e cultural, alén da súa importancia etnográfica pola súa preocupación por presentar ás xentes en todas as situacións da súa vida. Unha parte significativa desta obra foi reco-llida en Portfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904, que pretendían divulgar o nos patri-monio cultural, histórico e monumental. O documentalista Carlos Díaz Martínez recompila, por vez primeira, neste volume máis de dous centenares de fotografías da cidade da Coruña e das vilas dos seus arredores (Betanzos, Sada, Cambre, Oleiros, Arteixo, Culleredo) agrupadas en catro grandes apartados temáticos: "Patrimonio histórico e monumental"; "Novo urbanismo e os traballos"; "Festas e xentes" e "Patrimonio e xentes". Un libro de edición moi coidada e grande formato, de encadernación acartonda, que constitúe unha viaxe no tempo pola Coruña de sempre: dende as vistas da península da Torre ata a Colexiata de Santa María, do Xardín de San Carlos ata o Castelo de San Antón, da rúa de San Andrés ata o Cantón Gran-de, do Parrote á Dársena... Un libro que tamén recolle as faenas e actividades das xentes: as lavandeiras no río Monelos, os paseos polos xardíns de Riazor, os desfiles de carrozas nos Cantóns, as festas de Carnaval, a festa da Árbore e outros tantos eventos cívicos. En definitiva, unha contribución importan-te para vivificar a memoria gráfica da cidade herculina.

Tuotetta lisätty
ostoskoriin kpl
Siirry koriin
LISÄÄ OSTOSKORIIN
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa.
Myymäläsaatavuus
Helsinki
Tapiola
Turku
Tampere
A CORUÑA DE PEDRO FERRER
Näytä kaikki tuotetiedot
ISBN:
9788497823722
Sisäänkirjautuminen
Kirjaudu sisään
Rekisteröityminen
Oma tili
Omat tiedot
Omat tilaukset
Omat laskut
Meistä
Yhteystiedot ja aukioloajat
Usein kysytyt
Akateemisen Ystäväklubi
Toimitusehdot
Tietosuojaseloste
Seuraa Akateemista
Instagram
Facebook
Threads
TikTok
YouTube
LinkedIn