Primeiro dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literaturagalegas. Neste título estúdanse os deuses Zeus, Hera, Poseidón, Hades, Atenea, Apolo, Afrodita, Ares, Hermes e Dioniso. Cada deus ou heroevai precedido dunha información mitolóxica, para unha mellorcomprensión das obras artísticas e literarias elixidas.A meirande parte das mostras de arte que presentamos son de artistasgalegos, outras foron realizadas especificamente para Galiza porartista foráneos. Recollemos tamén aquelas obras que,independentemente da súa autoría, se atopan permanentemente enexposición nos nosos museos ou institucións, públicas e privadas.As obras literarias son maioritariamente en galego. Algunhas están encastelán, pero escritas por autoras e autores galegos, dos queescollimos, agás no caso dalgunhas poesías, os parágrafos máissignificativos...A mostra, tanto de arte como de literatura, non pretende serexhautiva, aínda que a consideramos suficientemente significativas, adía de hoxe, para comprender a importancia da mitoloxía clásica nacultura do noso país.