A ESCOLA NORMAL DE MESTRAS DE OURENSE (1877-1970). A SUA ORIXE E OS SEUS EMPRAZAMENTOS
O libro da Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970) é un estudo sobre a creación e traxectoria da Institución encargada da formación das mestras ourensás. Faise un seguimento dende a súa orixe ata o segundo terzo de século XX salientando os lugares nos que estivo asentada a Normal dende o ExConvento de Santo Domingo, pasando polo Hospital de San Roque, Instituto Provincial ata un edificio ad hoc que sería a denominada Vella Normal para, definitivamente, pasar á Cidade Escolar da que se ofrece no libro información inédita sobre o arquitecto e deseño da mesma.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.