Non hai politiquiño dos da nosa Terra, nin xornal caciquil que non se chame galeguista. Todos son galeguistas! Mais o galeguismo é unha verba morta. É unha verba para os que din moi ocos estas parvadas de comedia: el galleguismo bien entendido, el galleguismo sano, el galleguismo práctico...". El galleguismo armónico, el galleguismo amable... poderiamos engadir hoxe a esta crítica que Antón Villar Ponte escribiu hai uns cen anos e que podería seguir a escribir hoxe sen mudar unha soa letra. Coidádevos pois, prezadas lectoras, prezados lectores, dos galeguistas. E, de paso, xa postos a coidarnos, non deixedes de vixiar aqueloutro flanco que proclama España como una nación de naciones.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024