Bestiario en pedra. Animais fabulosos da arte medieval galega pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico esimbólico. Aínda que a maioría da xente actual nos as «ve», a artemedieval está repleta de representacións de animais, nas marxes dosmanuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis, nas cornixas egárgolas e nos cadeirados de coro. Os temas e motivos simbólicos dosanimais fabulosos, con paralelos en Europa, presentan en Galicia unhariqueza e unha variedade realmente extraordinarias. Destacan osconxuntos das catedrais de Santiago e Ourense, da igrexa e doespectacular claustro de San Francisco de Ourense, das igrexasbetanceiras, das de Ribadavia, desa xoia que se chama Santiago deBreixa... Os autores recollen os exemplos de anfisbenas, basiliscos,bestas apocalípticas, centauros, dragóns, grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe na arte do noso país. E fornecen un amplo repertoriode textos, antigos e medievais, e unha interpretación que permitenentender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas