Un coello, curioso e viaxeiro, convértese no noso guía polo mundo do mar. Os seus ollos serán os nosos e con el iremos coñecendo a infinidade de seres que habitan este universo de auga e de sal. Unha boa oportunidade para que os máis pequenos aprendan a respectar e a coidar o medio que os rodea.