Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas dasúltimas décadas, o obxecto deste libro é realizar un achegamento áimaxe artística galega, un anaco da tradición cultural europeaproducida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada. Naarte galega foron proxectándose ao longo da historia as grandescorrentes artísticas da Europa Occidental, con variábeis ritmos deincorporación e en sintonía con diferentes procesos históricos, eneles maniféstanse as peculiaridades, as diferenzas locais, asdescontinuidades e os achados laterais a respecto dos períodosunificados da historia da arte. Alén diso, desde o século XIX,asistiremos ao intento de definir unha arte nacional, con diferentesdenominacións segundo o momento histórico (rexionalismo,nacionalismo), nun contexto onde artistas e pensadores propiciaráncoas súas reflexións unha lectura do pasado e presente artísticogalego.Pártese de que, como toda actividade humana, a arte non pode nin debeser inmutábel, estática, pois nela conviven aspectos tradicionais coninfluencias externas, vivificadoras.Neste sentido, pensar a tradición artística desde nós é pensar nalectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde aposición actual da nosa nación e tamén desde a pura visualidade, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes mais nonincompatíbeis. Entendemos a arte galega, pois, como espello dunharealidade histórica complexa, que dialoga connosco e maniféstase comounha interpelación que, desde moi lonxe, se dirixe ao espectador decalquera tempo, e que este pode albiscar nese instante sorprendido que implica a percepción dunha boa obra de arte como quen enxerga algo de nós mesmos.