Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (infantil) 2014. Un lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir. Dous animais pídenlle que cale. Temen que os ouveos esperten un gato rabudo que vive mesmo nese lugar. A insistencia do lobo fai que os animais fuxan buscando acubillo. Que quererá contarlle o lobo á lúa? Conseguirá o seu propósito sen que o gato esperte e o escorrente? Entre outras consideracións, o tribunal puxo en valor que a obra tece unha trama clara e atraente, adaptando claves de intriga e suspense ao imaxinario dos máis pequenos. Os desexos, os conflitos e as emocións presentadas resultan facilmente recoñecibles e contribúen harmonicamente á evolución do drama.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. . Tilaa tuote jouluksi viimeistään 06.12.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.