Unha edición do coñecido conto clásico europeo adaptado ao sistemaSPCde pictogramas, de fácil lectura, agora tamén en lingua galega.A colección Makakiños é unha iniciativa de KALANDRAKA en colaboracióncoa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar alectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar ainclusiónde todas e todos. Son un conxunto de libros de fácil lectura queprocuranunha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxedepictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseado endebuxos e cores que foi desenvolvido nos Estados Unidos por RoxannaMayer-Johnson.Chibos Chibóns, o coñecido clásico europeo adaptado por OlallaGonzález,incorpórase á colección Makakiños en lingua galega nunha versióntraducidapor Iago Nicolás e adaptada pola asociación BATA. As ilustracións deFederico Fernández procuran achegarnos a súa versión do contobuscandoa máxima concreción e comprensión da linguaxe plástica.